ST.#2 (de la serie HIMNO)

ST.#2 de la seie HIMNO, 2018 (Colección CGAC)

Vídeo HD, sillas, auriculares. 2´02´´

UNTITLED#2 HIMNO series, 2018 (CGAC collection)

HD video, chairs, headphones. 2´02´´

 

 

 Con esta serie, na que realizo distintas aproximacións á idea de himno a partires da música que Pascual Veiga compuxo para o himno galego, trato de xenerar distintas lecturas e plantexar cuestións sobre as ideas de comunidade, carácter, unión, cohesión ou representatividade, pero tamén sobre as ideas de diferenciación, disfunción ou desunión: xogo coa idea de himno e o que significa, como e para que se utiliza, para plantexar preguntas sobre a nosa identidade comunitaria: que é o que nos une o amor ou o medo?, ¿como vemos aos outros?, ¿como nos ven os outros?.

Así, no ensaio que o crítico e profesor Fernando Castro Flórez dedica a esta serie, recorda como o himno non ten unha vontade edificante ou reconciliadora: “no himno podemos escoitar non solamente a emoción común, senón que cabe a posibilidade de que se active a resonancia siniestra, o eco de aquelo que sendo familiar tornouse extraño. Esta outredade do himno plantexada por Juan López viría a plantexar a cuestión de que queren as imáxenes: acaso nada ou solamente desexan preservar a súa condición enigmática”.

En palabras de David Barro “ na serie HIMNO declínase a música do himno galego en diferentes e irónicas posibilidades críticas sobre as marxes da outredade”.

Así, os espectadores se enfrentarán a distintas interpretacións desfiguradas da peza de Pascual Veiga nas que, por exemplo, grupos de intérpretes podrán encontrarse en total asincronía co resto, xenerando unha serie infinita de variacións en discordancia, un (non)himno orixinal en cada momento.

 

En ST.#2 os trompetistas recibiron unhas pautas para molestarse entre sí mentres interpretaban a dúo o himno galego, creando unha coreografía que trata de sustraer á secuencia da súa literalidade para convertila  nunha especie de estereotipo no que se vexa reflexado o espectador, e, apelando á memoria colectiva, xenere os interrogantes anteriormente citados.

Esta peza  inclúe ese carácter performativo que implica tamén aos espectadores-actores, quenes deberán sentarse nas sillas que usaron os propios intérpretes para a escoita e visionado da mesma.